A gastronomía e, por extensión a restauración, é un dos distintivos de Ferrol-Ortegal. Esta zona do norte conta no seu haber cunha enorme lista de establecementos hosteleiros, que abranguen dende a alta cociña con restaurantes de dous e tres garfos ata pequenos e encantadores comedores que manteñen viva a esencia da tradición
O visitante que acuda a Ferrol-Ortegal atopará ofertas de todo tipo, adaptadas en cada intre ás diferentes necesidades de tempo, diñeiro e, sobre todo, gustos persoais. Cada convidado escollerá un plato distinto pero todos escoitarán a mesma pregunta: ¿Qué poñemos hoxe de xantar?...
Tamén che recomendamos que visites...