Jazztel Atencion al cliente - nuevas altas --- Atencion al cliente de jazztel - comprueba aqui tu cobertura

Turismo, Turismo en galicia, Ferrol-ortegal, playas, restaurantes, hoteles, museos, fiestas regionales, gastronomía, cerdido, ares, fene, mañón, ferrol, narón, san sadurdiño, valdoviño, cariño, ortigueira, mugardos, as somozas, cedeira, moeche, neda, ortegal, turismo ferrol, turismo ortegal, turismo galicia.

 

Está vostede en:Natureza / Surf

Surf

Ferrol-Ortegal conta con praias ideais para satisfacer os surfistas máis esixentes durante todo o ano.
Neste territorio conxúganse os elementos esenciais para a práctica do surf: alta conservación dos seus areais, as mellores ondas, grandes profesionais, moitos afeccionados, así como as competicións máis importantes do mundo converten a Ferrol-Ortegal no destino ideal para o gozo deste deporte e para ser considerado a capital do surf de Galicia

MODALIDADES DE SURF

Aínda que nos seus comezos a práctica do surf se realizaba con táboas de madeira de bastante lonxitude, na actualidade, xa evolucionado, existen cinco tipos básicos de surf (Scarfe et al., 2003):

1. Short boarding (táboa curta)
2. Long boarding (táboa longa)
3. Dropknee body bording
4. Prone body bording
5. Body surfing

Os dous primeiros tipos son os clásicos; se ben, o primeiro deles utiliza unha táboa curta dunha lonxitude entre 6 e 7 pés, 1´83 a 2´13 metros, é un estilo agresivo e rápido, mentres que a táboa longa, tamén chamada Malibú ou simplemente Mal, é máis lenta e de movementos menos bruscos, e ten unha lonxitude situada entre os 7 e 11 pés, 2´13 a 3´05 metros. Ambas soen estar feitas de fibra de vidro.

Os dous seguintes son os chamados "body boarding" e utilizan para a súa práctica táboas de escuma duns tres pés (0´91 metros aproximadamente).
Cando o surfista vai sobre a táboa cunha das pernas de xeonllos, é coñecido como "drop knee" e a táboa é coñecida como "paipo". Se o surfista vai totalmente tumbado sobre a táboa, a especialidade coñécese como "prone".

Cando non se usa táboa e só se utiliza o corpo para deslizarse sobre as ondas, a modalidade coñécese como "body surfing".

PARA SABER MÁIS
www.fesurf.net
www.fgsurf.com
www.grossoweb.com
www.pantinclassic.com
www.escueladesurfpantin.com
www.grossosurfcamp.com

  •