Ferrol e Ortegal forman o chamado "Norte da provincia da Coruña" e agrupan no seu territorio a municipios rurais e urbanos, o que conforma unha comarca heteroxénea e diversa. Comprenden unha área de 944 km2 que abarca os concellos de Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, Somozas e Valdoviño.
A comarca de Ferrol, formada por once municipios, está situada ao noroeste da comunidade galega e limita ao norte co Oceano Atlántico, ao leste coa serra da Capelada e ao sur coa serra do Forgoselo. Pola súa banda, a comarca de Ortegal, formada por catro concellos, conta co punto máis setentrional da Comunidade Autónoma Galega: Estaca de Bares e atópase atravesada polo río Sor.
A capitalidade da Área osténtaa Ferrol, unha das sete grandes cidades galegas, sede das principais infraestruturas comerciais, culturais e de transporte e fundamental para a vida cotiá das súas xentes.
Tamén che recomendamos que visites...