Jazztel Atencion al cliente - nuevas altas --- Atencion al cliente de jazztel - comprueba aqui tu cobertura

Turismo, Turismo en galicia, Ferrol-ortegal, playas, restaurantes, hoteles, museos, fiestas regionales, gastronomía, cerdido, ares, fene, mañón, ferrol, narón, san sadurdiño, valdoviño, cariño, ortigueira, mugardos, as somozas, cedeira, moeche, neda, ortegal, turismo ferrol, turismo ortegal, turismo galicia.

Enlaces patrocinados
Galería
Compartir

Está vostede en:A área / concellos / Mugardos

Mugardos

Mugardos concentra parte do seu atractivo no paseo do Cantón da Mariña, onde abundan os restaurantes que ofrecen o famoso polbo á mugardesa. O seu outro gran tesouro é o Castelo da Palma.

Ubicación: Situado na beira da ría de Ferrol, este pequeno municipio de apenas 12,8 km² está dividido en 4 parroquias: Franza Santiago, Meá San Vicente, Mugardos San Xulián e Piñeiro San Xoán.

Malia o seu reducido territorio conta con numerosas alternativas de lecer de tipo cultural e lúdico.

Descrición: O Castelo da Palma, situado na beira meriodional de ría de Ferrol en fronte ao Castelo de San Felipe, é un dos grandes atractivos do patrimonio de Ferrol-Ortegal. Trátase dunha construción cuxo orixe se remonta ao 1597, emplazado nunha enseada na entrada da ría de Ferrol. Antiguamente carecía de armamento e a súa función limitábase á vixilancia do paso marítimo. O edificio actual levantouse a finais do século XIX. A súa última función foi como cárcere militar, onde foi encarcelado, entre outros, o golpista Antonio Tejero. A principios do século XXI, foi adquirido por unha cadea hoteleira e se espera que se inicien as obras de restauración e acondicionamiento.

Para ver: Non faltan tampouco en Mugardos pazos como o Pazo das Condesas, edificio do S.XIX no que chama a atención o balcón con gran balaustrada de ferro forxado.


Concello de Mugardos
Avda. de Galicia, 45.
15620 - Mugardos
Tel.981 47 03 38
Fax 981 47 20 17
e-mail: correo@mugardos.dicoruna.es

 

Comentarios

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  •