Edificio singular de 1850 situado en Santa Marta de Ortigueira.
Pertence ao Conxunto Conventual situado no casco histórico da vila.
Ubicación: Santa Marta de Ortigueira, Ortigueira.
Descrición: O Conxunto Conventual formado polo Convento dos Dominicos, a Igrexa de Santa Marta e o Teatro da Beneficencia, é o patrimonio máis destacado do concello. Este teatro ocupa a cruxía norte do convento de Santo Domingo. O interior organízase en tres plantas: unha de patio de platea e dúas de palcos. Do conxunto destacan os frescos do teito, obra de Vicente Martínez Román, son copia dos do madrileño palacio de Murga. A última reforma do conxunto realizouse en 1988.
Estilo Ecléctico.