DAte de alta con 20 megas en yastel Contrata con jaztel adsl de 20 megas

Turismo, Turismo en galicia, Ferrol-ortegal, playas, restaurantes, hoteles, museos, fiestas regionales, gastronomía, cerdido, ares, fene, mañón, ferrol, narón, san sadurdiño, valdoviño, cariño, ortigueira, mugardos, as somozas, cedeira, moeche, neda, ortegal, turismo ferrol, turismo ortegal, turismo galicia.

 

Está vostede en:Cultura / gastronomía / Receitas de cociña

Receitas de cociña

Cociña os nosos pratos tradicionais

Polbo á Mugardesa

Ingredientes
Para 4 persoas: 2 kg de polbo, 4 patacas, 1 pemento verde, 1 cebola grande, 2 ou 3 tomates pelados, aceite, vinagre, sal gordo, ½ culleriña de pementón picante, ½ culleriña de pementón doce e 3 dentes de allo

Preparación
Nunha ola de cobre con 2 litros de auga fervendo introdúcese e quítase o polbo tres veces. Deste xeito quedará máis tenro e non se perderán as ventosas dos tentáculos. Unha vez dentro déixase cocer, a lume forte, durante 40 minutos. Pasado este tempo resérvase a súa auga, que se utilizará para elaborar a salsa. Pélanse e pártense en anacos as patacas e cócense en parte da auga que reservamos. Despois engádese sal. Picamos a cebola e bótase nunha tixola con aceite. Cando estea ben pochada incorpóranse o pemento e o tomate en anaquiños. Ao cabo de 15 minutos engádenselle 2 ou 3 culleróns da auga da cocción do polbo. Colócanse as patacas nunha fonte fonda e o polbo en anacos no centro. Inmediatamente engadimos sal. Sofrítense os allos e a parte mestúranse o pementón doce e o picante. Cando os allos estean dourados, engádese un cullerón de auga da cocción e despois a mestura de pementón. De forma opcional pódese utilizar tamén un pouco de vinagre. A salsa obtida vértese enriba do polbo.

  •