Dende hai séculos as festas relixiosas e procesións constituen unhas das celebracións sociais máis representativas de Galicia, presentes en cada pobo, aldea e, por suposto, concello.
Case a totalidade dos municipios de Ferrol e Ortegal celebran a sua propia festa patronal relixiosa ó redor da igrexa parroquial ou capela. As diferentes romarías e procesións teñen lugar ao longo de todo o ano, pero é, durante o verán, cando se multiplican sen acougo. Nestas comarcas estraño é o fin de semana, entre xullo e setembro, que non conta cunha festa patronal.