Ortegal ostenta unha representación espallada pero abundante da cultura tradicional de Galicia. Ao longo desta bisbarra o visitante curioso pode contemplar, xuntos, o sabor da tradición e da modernidade, visitando, en Ortigueira os muíños do Campo da Torre, de Pol ou a casa da Vela; en Cerdido o de Bouza e, en Mañón, as pequenas vivendas tradicionais de pedra encadradas nun marco rural de gran beleza.