Capela de estilo barroco de planta basilical cuxos orixes remontanse ao S. XVIII.
Nela séguese celebrando a romaría de San Antón, co tradicional porco de San Antón.
Ubicación: Porto de Espasante, S. Xoán de Espasante, Ortigueira.
Descrición: Como outras igrexas da zona a construción é de planta basilical dunha soa nave dividida en dous tramos por un arco de meio punto. O acceso realízase por un atrio cuberto encostado á fachada principal no que se abre unha porta adintelada con perpiaño, sobre esta ábrese un pequeno óculo que ilumina o coro alto que se levanta no seu interior.
Historia: Nesta capela séguese celebrando a romaría de San Antón coa peculiaridade de que se mantén a tradición do porco de San Antón, criado entre todos os veciños.
Estilo: Barroco