Igrexa neogótica de planta de cruz latina. Destaca a sua verticalidade reforzada pola utilización de arcos apuntados. Retablo barroco no interior.
Ubicación: Loiba, S. Xulián de Loiba, Ortigueira.
Descrición: Igrexa de planta de cruz latina ten unha única nave separada en dous tramos por un arco faixón apuntado con contrafortes exteriores. A fachada principal dividese en tres corpos que subliñan a sua verticalidade mediante a utilización de arcos apuntados tanto na porta como no van superior e nos do seguinte tramo do campanario.
Non perderse: No interior, o retablo barroco.
Estilo: Neogótico