Igrexa de planta de cruz latina e unha soa nave con tres accesos. Como outras igrexas parroquiais da comarca, a súa orixe é medieval, aínda que foi reconstruída a principios do século XX.
Ubicación: San Claudio, Sta. María de San Claudio, Ortigueira.
Descrición: Consta de planta de cruz latina e unha soa nave con tres accesos, dous dende o exterior e o terceiro dende un espazo anexo á nave. A porta principal ábrese nunha fachada de aspecto estilizado, cunha solución tripartita moi semellante a outras igrexas da zona. O espazo interior articulase mediante arcadas de medio punto sobre os que se apoia unha bóveda de canón. Na entrada atópase un baptisterio sobre o que se levanta un coro e as escaleiras que conducen ao campanario.
Historia: Coma outras igrexas parroquiais da comarca, a súa orixe é medieval, aínda que foi reconstruída a principios do século XX co diñeiro aportado polos indianos.
Estilo: Neogótico.