Nos catro concellos que compoñen esta bisbarra do norte existe unha ampla representación de arquitectura civil, vinculada a pazos, solitarios faros, prazas, teatros e pontes, todas construccións que ainda se utilizan hoxe en día.
En Ortigueira sobresaen o Teatro da Beneficencia, os Pazos de Brandariz e da Torre, a casa do Concello, a praza de Abastos e o porto de Espasante mentres que en Mañón hai que destacar o Faro de Bares e a Sociedade de Instrucción Luz de Ribeiras do Sor.
Todas e cada unha delas son unha reliquia por descubrir...